Espectáculo de títeres
As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o se o sistema queda colgado. Comportamento que é referencia e espello para cativas e cativos.
Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.

Chegou á hora de redescubrir a vida real, a analóxica e natural: de establecer unha conexión romántica co noso entorno, coas persoas que temos preto e coas nosas tradicións. Seguro que queres desconectarte!
FICHA TÉCNICA
- Duración: 45 minutos.
- Público: A partir de 5 anos.
- Técnica: monicreques de mesa.
SINOPSE
Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é “unha vida tecnolóxica é unha vida ordeada”.

A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará á toda a familia co mundo real, un mundo que xa lle era totalmente alleo.

EQUIPO TÉCNICO
- Dirección: Jorge Rey e Manuel Mansilla.
- Interpretación: Borja Insua e Alba Grande.
- Escenografía e monicreques: Borja Insua.
- Composición musical: Luis Iglesias.
- Voz en off: Isabel García.
- Texto orixinal: Borja Insua.
- Dramaturxia: creación colectiva.







