FINISTERRAE: O ÚLTIMO ULTRAMARINOS

Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica, veciños dunha vila da Costa da Morte con percorridos vitais moi diferentes que son como dúas caras da mesma moeda. Mónica encarna o entusiasmo de quen devece por retornar á súa terra, mentres Berto representa a apatía de quen tivo que ficar obrigado. A través do seu encontro despois de varios anos asistimos a unha estampa particular da Costa da Morte; do seu pasado e presente, pero tamén dun futuro aínda por construir.

foto_finisterrae_actores

Finisterrae: O último ultramarinos é tamén un retrato da situación que atravesan moitas pequenas vilas afastadas dos grandes núcleos, que padecen unha despoboación progresiva e que se adaptan como poden aos cambios económicos e sociais que están a redefinir a súa identidade e o seu porvir.

foto_sombras_finisterrae

Xénero_Teatro de actor e manipulación de títeres

Público_Adulto / Xuvenil – Duración_80 min.

foto_titeres_finisterrae

EQUIPA ARTÍSTICA

Autora_María Lado

Dirección e dramaturxia_Topo Vidal

Intérpretes_Borja Insua, Celtia Figueiras e Topo Vidal

Escenografía e monicreques_Borja Insua

Deseño de iluminación_Octavio Más

Composición musical_Marcos Blanco Romero

Deseño espazo sonoro_Rafael Iglesias, Topo Vidal

Realización espazo sonoro_Estudios Alu

Voces en off_Laura Ponte, Gabriel Penabade “Lucho” e María Lado

Axudante de dirección_Branca Breijo

Mural final_Marcelino de Santiago “Kukas”

Vestiario_Celtia Figueiras

Deseño cartel_Mario Maceiras

Comunicación_Yolanda del Campo

Fotografía_Xurxo Rey

AGRADECEMENTOS_Pepe Penabade, Ero Vázquez, Os Monicreques de Kukas, Os Quinquilláns, Títeres Cachirulo, Concello de Fisterra, Concello de Negreira, Xacobo Pais, Javier Señoris, Carpintería Arca, familia, amigos e á Costa da Morte.

cartel_ultramarinos_finis