Títeres Alakrán nace no ano 2003 a cargo do titiriteiro, actor e escultor Borja Insua. Constructor e manipulador de monicreques, Borja Insua desenvolve en Títeres Alakrán espectáculos propios que abranguen distintas técnicas (luva, barilla, sombras chinesas, fíos) e xéneros, tanto para nenos coma para adultos. Os principais espectáculos da compañía son:
Finisterrae: O último ultramarinos
Barrigaverde ataca de novo, títeres de luva.
Pequeko Kabaret de tolos, musical de marionetas de fío. Máis de 200 actuacións en toda Galicia!
Mr. Pancho e a última función, Títeres Alakrán – Títeres Cascanueces.
El retablillo de don Cristóbal, títeres de luva. Castelán.
Os títeres da vía láctea, espectáculo ambulante cun carro de monicreques conducido por unha egua.
O ferreiro e o diaño, Títeres Alakrán – Títeres Cascanueces.
Amor e crimes de Juan Pantera, Títeres Alakrán – Títeres Cascanueces.