VÍDEOS

ESPANTALLOS

Espantallos é unha serie de pezas de madeira que funcionan como espantallos nunha leira de O Rial, Brión. Unha intervención sobre terreo sementado coa que Insua crea esta GaLeira de arte e achegar o arte directamente ao agro.

Borja Insua ademáis de titiriteiro e labrego, é escultor, especializado na talla de madeira. Estudou escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo de Santiago e ao longo da súa vida ten construído máis dun centear de pezas. Borja reencóntrase unha e outra vez coa súa obra escultórica, producindo series de pezas de madeira.

Vídeo de “O Ferreiro e o Diaño”

“O Ferreiro e o diaño” achéganos a historia do Tío Miseria, un relato clásico e universal sobre a traxedia do home que vendeu a súa alma ao demo. Este espectáculo, que mestura marionetas de fíos e siluetas, é unha producción de Títeres Alakrán e Títeres Cascanueces, e baséase na adaptación que fixeron da lenda os autores brasileiros Tiarajú Gómes e Camilo de Lelis.