BARRIGAVERDE ATACA DE NOVO

DESCARGUE AQUÍ O DOSSIER DO ESPECTÁCULO “BARRIGAVERDE ATACA DE NOVO”

 

Sinopse

Espectáculo de títere de cachaporra tradicional, inspirado nas rutinas que facía Xosé Silvent, na súa famosa barraca a principios do século XX. Barriga Verde é o títere popular de Galiza, representando co seu humor a idiosincrásia galega. Títeres Alakrán recupera a súa figura adaptándoa ao mundo contemporáneo para que a nosa tradición siga viva e non morra.

Barriga Verde ataca de novo reinventa os clásicos números da morte, o demo, o militar ou a tourada.

Espectáculo de luva.

Duración: 45 min.

Público xuvenil e adulto.