títeres

Moi pronto “OS SOÑOS NA GAIOLA”

Títeres Alakrán prepara xa seu novo espectáculo: “Os soños na gaiola” de Manuel María,  unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego. Un mundo que á pequena Alicia, unha nena urbana da actualidade, lle resulta extraño, mais que acabará comprendendo e amando.

cartel_soños_mail

 

Pekeno Kabaret de Tolos

Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música: Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, o gaiteiro Avelino Cachafeiro, Bola de Nieve, Jimmy Hendrix, D.J. Federico, un brakedancer sen papeis, e mesmo a morte

Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de involucrar e conmover ó público con esta tolemia de espectáculo, cun final demoledor no que, literalmente, rodarán cabezas.

Ficha técnica

Espectáculo para adultos.

Técnica: fío e puppit belga

Duración: 45 minutos

Necesidades técnicas: tarima de 60cm. de alto X 3 metros de fronte X 3 de fondo. (Medidas para rúa, en pubs adáptase a espazos máis pequenos).

Corrente: 220 W.