DOSSIER

DESCARGUE AQUÍ O DOSSIER DO ESPECTÁCULO “OS SOÑOS NA GAIOLA”.

cartel_soños_mail

 

PRESENTACIÓN

OS SOÑOS NA GAIOLA de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da  infancia  do  poeta  chairego.  Un  mundo  que  á  pequena  Alicia,  unha  nena  urbana  da actualidade, lle resulta estraño, mais que acabará comprendendo e amando.

 

SINOPSE

O titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado  en  monicreque.  Manuel  María  quere  que  o  titiriteiro  represente  os  poemas  que  el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos. Para facelo, o titiriteiro pídelle aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia.

Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, estraño, e mesmo imcomprensible. Ao comezo da súa andaina, Alicia tópase co Río Miño, que  ten  présa  por  realizar  a  importante  misión  que  lle  foi encomendada:  atravesar  Galicia  antes  de chegar ao mar. Pola confusión do nome, O Río Miño intenta atravesar a Alicia, mais ela acláralle que para ser Galicia faríllea falta un G que non ten.

A partir  deste  momento,  e  subida  no  pequeno  Barco  de  Xoguete  Voador,  Alicia  intentará axudar o Río Miño a encontrares a esa Galicia que tanto busca.

No seu camiño atopará extravagantes seres como o Gaiteiro Soñador, o Muíño Triste, os Labregos Xemelgos ou o Galo Gai, e toda unha galería de personaxes marabillosos e  sorprendentes  que  lle  irán  dando  pistas  sobre  Galicia.

O  único problema é que a maioría destas pistas son adiviñas misteriosas ou versos poéticos que Alicia vai ter que descifrar para saber que diantres é Galicia e onde está agochada…

 

 

CRÉDITOS

Unha produción de Títeres Alakrán

Dirección e dramaturxia: Roi Vidal

Construción dos monicreques e escenografía: Borja Insua

Interpretación: Borja Insua

Deseño de vestiario: Antía Insua Lema

Deseño gráfico: Mario Maceiras Dosil

Música orixinal: Monroi Vipont e Xisele

Selección musical: Roi Vidal

Público: Infantil e familiar

Duración: 50 minutos

 

AGRADECEMENTOS: Fundación Manuel María, Kukas, Títeres Cachirulo, Fátima Ferreiro e LLou.