PEKENO KABARET DE TOLOS

O “Pekeno Kabaret” no Airas Nunes de Compostela

O próximo venres 20 de febreiro o Pekeno Kabaret de Tolos estará no Café Airas Nunes de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar 17). Informaremos da hora proximamente.

Despois de máis de cen actuacións por toda Galicia o kabaret ambulante volve a Compostela. A  Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix e os clásicos, súmanse novas incorporacións que non podedes perder!

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

Pekeno Kabaret de Tolos

Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música: Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, o gaiteiro Avelino Cachafeiro, Bola de Nieve, Jimmy Hendrix, D.J. Federico, un brakedancer sen papeis, e mesmo a morte

Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de involucrar e conmover ó público con esta tolemia de espectáculo, cun final demoledor no que, literalmente, rodarán cabezas.

Ficha técnica

Espectáculo para adultos.

Técnica: fío e puppit belga

Duración: 45 minutos

Necesidades técnicas: tarima de 60cm. de alto X 3 metros de fronte X 3 de fondo. (Medidas para rúa, en pubs adáptase a espazos máis pequenos).

Corrente: 220 W.