MR. PANCHO E A ÚLTIMA FUNCIÓN

Mr. Pancho e a última función é unha obra de títeres destinada a público familiar. Relata o devir dun histórico teatro, que despois de toda unha vida de espectáculo vese obrigado a pechar as súas portas. Aproveitando a súa inminente caída, o diaño aparece no mesmo, co obxectivo de montar no seu lugar un negocio. Mr. Pancho, figura mítica do elenco artístico do teatro, enfrontase ó demo facendo imposible pola supervivencia da sala. Toda esta situación desenvólvese en paralelo ó ensaio da última función, no que irán desfilando tódolos artistas deste teatro de variedades en declive.

FICHA DO ESPECTÁCULO:

  • Título: Mr. Pancho e a última función
  • Tipo de espectáculo: teatral de marionetas de fío
  • Dirección: Borja Insua
  • Elenco: Borja Insua, Lázaro Duyos
  • Duración: 45 min.
  • Público: Familiar, a partir de tres anos
  • Xénero: comedia
  • Produción: Títeres Alakrán

Necesidades técnicas

  • Espacio escénico: 2 (fondo) x 2’5 (ancho) x 2’6 (alto)
  • Corriente: 220 W
  • Iluminación: propia

GALERÍA FOTOGRÁFICA

mr pancho (2)mr pancho (3)mr pancho (7)

 

Deixar un comentario