CIRCO GALAICO

Xa está aquí o novo circo galego de monicreques!

Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo amenizado cunha fantástica música en directo.

Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Con todos vostedes e entre outros: Xaquín o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista, Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina! Sen esquecer clásicos do circo coma o paiaso Rolín.

Advertisements