popular

ESPANTALLOS

Espantallos é unha serie de pezas de madeira que funcionan como espantallos nunha leira de O Rial, en Brión (A Coruña). Unha intervención sobre terreo sementado coa que Insua creou esta fermosa GaLeira de arte.

Borja Insua ademais de titiriteiro e labrego, é escultor, especializado na talla de madeira. Estudou escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo de Santiago e ao longo da súa vida ten construído máis dun centear de pezas. Borja reencóntrase unha e outra vez coa súa obra escultórica, producindo series de pezas de madeira.