A PITA XEFA

Unha adaptación da obra de Marta Lado, A Pita Xefa, editada por Baía Edicións.

Obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!

Títeres Alakrán adapta ao teatro de títeres a premiada e orixinal historia de Marta Lado editada por Baía Edicións, que anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes.

Máis información sobre o espectáculo.

Chega a Fisterra o espectáculo “Desconexión” de Títeres Alakrán

Venres, 11 de novembro ás 19hrs. no Salón de actos do Concello

As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o sistema queda colgado. 

Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.

Chegou á hora de redescubrir a vida real, a analóxica e natural: de establecer unha conexión romántica co noso entorno, coas persoas que temos preto e coas nosas tradicións. Seguro que queres desconectarte!

Sinopse

Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é “unha vida tecnolóxica é unha vida ordeada”. A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará á toda a familia co mundo real…

Títeres Alakrán estrea “DESCONEXIÓN”

O vindeiro xoves 14 do outubro, ás 20hrs. no Teatro Principal de Santiago, no marco do Festival Galicreques

As nosas vidas dependen da cobertura, da velocidade da transmisión de datos, da wifi ou da fibra óptica, dun entorno virtual e invisible… Somos unha sociedade hiperconectada, que entra en pánico se unha aplicación cae ou o sistema queda colgado. Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.

Chegou á hora de redescubrir a vida real, a analóxica e natural: de establecer unha conexión romántica co noso entorno, coas persoas que temos preto e coas nosas tradicións.

O Xoves 14 de outubro, ás 20hrs. no Teatro Principal de Santiago. Seguro que queres desconectarte!

Cartel de “Desconexión”

SINOPSE

Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é “unha vida tecnolóxica é unha vida ordeada”. A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará á toda a familia co mundo real…

Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.

EQUIPO

  • Dirección: Xurxo Rey e Manuel Mansilla.
  • Interpretación: Borja Insua e Alba Grande.
  • Escenografía e monicreques: Borja Insua.
  • Composición musical: Luis Iglesias.
  • Voz en off: Isabel García.
  • Texto orixinal: Borja Insua.
  • Dramaturxia: creación colectiva.

FICHA TÉCNICA

  • Duración: 45 minutos.
  • Público: A partir de 5 anos.
  • Técnica: monicreques de mesa.

Agradecementos: Lucho Penabade (Os Quinquillas) e familia, Ero Vázquez (Trécola), Xacobo Pais, Kukas e Isabel Rey, LLou e Arale, Mario Maceiras, Javito, Eduardo Garay e Carina Spinozzi.

ESPANTALLOS

Espantallos é unha serie de pezas de madeira que funcionan como espantallos nunha leira de O Rial, en Brión (A Coruña). Unha intervención sobre terreo sementado coa que Insua creou esta fermosa GaLeira de arte.

Borja Insua ademais de titiriteiro e labrego, é escultor, especializado na talla de madeira. Estudou escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo de Santiago e ao longo da súa vida ten construído máis dun centear de pezas. Borja reencóntrase unha e outra vez coa súa obra escultórica, producindo series de pezas de madeira.

Toni Rumbau sobre o “Barriga Verde” de Borja Insua

Con motivo do pasado Festival Internacional de Teatro de Feria do Parque das Marionetas de Zaragoza, Toni Rumbau escribiu unha crónica na Revista de Títeres Titeresante sobre a actuación de Borja Insua e o seu Barriga Verde, que reproducimos a continuación:

Borja Insúa es un titiritero dotado de unas cualidades excepcionales: con experiencia y formación de actor, provisto de una voz de gran potencia y noble sonoridad grave, y agasajado por los dioses con una energía colosal, ha encontrado en el títere de cachiporra y el personaje de Barriga Verde la forma ideal para desplegar todas estas cualidades. Un género que requiere energía, pero que exige al practicante doblegarse a los principios de la disciplina sintética. Una bendición para Borja, pues a su derroche de energías le va muy bien someterse a las bridas de la sujeción estilística.

También las limitaciones de tiempo de las actuaciones en el Parque de las Marionetas, que no deben sobrepasar los veinte minutos, le obligó a condensar las rutinas de manipulación. Borja se ha adaptado a estas condiciones con espartana disciplina, desarrollando fragmentos de su historia de Barriga Verde, en la que el personaje quiere casarse con Rosita, contra las intenciones del padre de ella que la quiere esposa de un general del ejército. Un enredo que llevará a Barriga Verde a enrolarse a las milicias y que sólo puede acabar con el desenlace canónico: a estacazos como manda la Cachiporra.

Pero entregado como está Borja Insua a las artes callejeras y populares del teatro, quiso vestir la presentación de los títeres de guante con otras actuaciones de complemento a cargo de un juego de muñecos movidos à la planchette, bin acompañado con una gaita, más la intervención de varias marionetas en sucesivos números al más puro estilo del cabaret callejero. En sus presentaciones en el Parque de las Marionetas, Borja sacó a algunos de sus personajes de hilo más queridos: el gaiteiro Avelino Cachafeiro, el Sin Papeles bailón, a Jimmy Hendrix con su guitarra, al mismísimo Camarón de la Isla y al músico Pablo Sarasate. Y no podía faltar su cabra Rivelina, que hizo las delicias del público con sus irrupciones alocadas metiéndose por entre el respetable.

Fue impresionante ver a esta fuerza titiritera de la naturaleza desplegar sus aptitudes bajo la disciplina de las bridas estilísticas del género, en una combinación entre el derroche de la generosidad teatral y la contención del arte medido, en un ejercicio de explícito dramatismo actoral que ofreció al público desnudas las esencias del arte escénico. Una lección adicional al propio divertimento de los títeres, que Borja Insua regaló al público con espontánea generosidad.

Estrea da obra Finisterrae: O último ultramarinos

  • Este xoves 17 de outubro ás 20.30hrs no Teatro Principal de Santiago
  • A obra é unha homenaxe á Costa da Morte que aborda a identidade persoal e territorial; unha estampa de pasado e presente, pero tamén a dun futuro aínda por construir.

Este xoves no marco do Festival Internacional de Títeres Galicreques estréase a obra Finisterrae: o último ultramarinos, unha proposta de Producións Teatrais Alakrán que incorpora ao teatro de actor a manipulación de títeres.

A compañía de Borja Insua, coñecida pola súa ampla traxectoria no teatro de títeres, da o salto ao teatro de actor cunha proposta persoal coa que fai un particular retrato da Costa da Morte. A obra leva a escea un texto orixinal da escritora e poeta ceense María Lado, e é interpretado por Celtia Figueiras e Borja Insua baixo a dirección de Topo Vidal.

 

 

 

 

 

 

 

Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica, veciños dunha vila da Costa da Morte con percorridos vitais moi diferentes que son como dúas caras da mesma moeda. Mónica encarna o entusiasmo de quen devece por retornar á súa terra, mentres Berto representa a apatía de quen tivo que ficar obrigado. A través do seu encontro despois de varios anos asistimos a unha estampa particular da Costa da Morte; do seu pasado e presente, pero tamén dun futuro aínda por construir.

 

Finisterrae é tamén un retrato da situación que atravesan moitas pequenas vilas afastadas dos grandes núcleos, que padecen unha despoboación progresiva e que se adaptan como poden aos cambios económicos e sociais que están a redefinir a súa identidade e o seu porvir.

A estrea terá lugar este xoves 17 de outubro ás 20.30 hrs. no Teatro Principal de Santiago, e ese mesmo día realizará tamén unha función de mañá dentro da programación especial que o Festival Galicreques realiza para os centros de ensino e institutos.

Barriga Verde no “Parque de las Marionetas” de Zaragoza

Nos próximos días Títeres Alakrán viaxará co seu Barriga Verde ata Zaragoza, con motivo do Festival Internacional de Teatro de Feria Parque de las Marionetas.

Barriga Verde estará do 10 ao 13 de outubro en horario de 10 a 14hrs.  e de 18 a 20 h. na Plaza del Quiosco de la Música. 

Barrigaverde é un espectáculo de títere de cachaporra tradicional galego, inspirado nas rutinas que Xosé Silvent –pioneiro dos espectáculos de marionetas en Galicia- facía na súa famosa barraca a principios do século XX. Barriga Verde é o títere popular de Galicia, que representa co seu humor a idiosincrásia galega.

Este Barriga Verde de Alakrán recupera a súa figura adaptándoa ao mundo contemporáneo, rescantando así a memoria dun espectáculo popular esquecido (os números da tourada, o militar, o demo ou a morte), e o traballo dos titiriteiros e feirantes recreando o ambiente de barraca.

In memoriam Carliños

Esta fin de semana Títeres Alakrán viaxará co Circo Galaico a Madrid. O Teatro de Títeres do Retiro acollerá unha dobre función na que tamén tiña que participar o noso compañeiro Carliños coa súa música. Será a primeira actuación sen él.

Unha función extraña, na que será imposible non lembrarse de ti, Carliños. Agardamos que nos acompañes, alá onde estés, e toques connosco unha vez máis…

Carliños