Estrea da obra Finisterrae: O último ultramarinos

  • Este xoves 17 de outubro ás 20.30hrs no Teatro Principal de Santiago
  • A obra é unha homenaxe á Costa da Morte que aborda a identidade persoal e territorial; unha estampa de pasado e presente, pero tamén a dun futuro aínda por construir.

Este xoves no marco do Festival Internacional de Títeres Galicreques estréase a obra Finisterrae: o último ultramarinos, unha proposta de Producións Teatrais Alakrán que incorpora ao teatro de actor a manipulación de títeres.

A compañía de Borja Insua, coñecida pola súa ampla traxectoria no teatro de títeres, da o salto ao teatro de actor cunha proposta persoal coa que fai un particular retrato da Costa da Morte. A obra leva a escea un texto orixinal da escritora e poeta ceense María Lado, e é interpretado por Celtia Figueiras e Borja Insua baixo a dirección de Topo Vidal.

 

 

 

 

 

 

 

Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica, veciños dunha vila da Costa da Morte con percorridos vitais moi diferentes que son como dúas caras da mesma moeda. Mónica encarna o entusiasmo de quen devece por retornar á súa terra, mentres Berto representa a apatía de quen tivo que ficar obrigado. A través do seu encontro despois de varios anos asistimos a unha estampa particular da Costa da Morte; do seu pasado e presente, pero tamén dun futuro aínda por construir.

 

Finisterrae é tamén un retrato da situación que atravesan moitas pequenas vilas afastadas dos grandes núcleos, que padecen unha despoboación progresiva e que se adaptan como poden aos cambios económicos e sociais que están a redefinir a súa identidade e o seu porvir.

A estrea terá lugar este xoves 17 de outubro ás 20.30 hrs. no Teatro Principal de Santiago, e ese mesmo día realizará tamén unha función de mañá dentro da programación especial que o Festival Galicreques realiza para os centros de ensino e institutos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s