Barriga Verde no “Parque de las Marionetas” de Zaragoza

Nos próximos días Títeres Alakrán viaxará co seu Barriga Verde ata Zaragoza, con motivo do Festival Internacional de Teatro de Feria Parque de las Marionetas.

Barriga Verde estará do 10 ao 13 de outubro en horario de 10 a 14hrs.  e de 18 a 20 h. na Plaza del Quiosco de la Música. 

Barrigaverde é un espectáculo de títere de cachaporra tradicional galego, inspirado nas rutinas que Xosé Silvent –pioneiro dos espectáculos de marionetas en Galicia- facía na súa famosa barraca a principios do século XX. Barriga Verde é o títere popular de Galicia, que representa co seu humor a idiosincrásia galega.

Este Barriga Verde de Alakrán recupera a súa figura adaptándoa ao mundo contemporáneo, rescantando así a memoria dun espectáculo popular esquecido (os números da tourada, o militar, o demo ou a morte), e o traballo dos titiriteiros e feirantes recreando o ambiente de barraca.

Deixar un comentario